Imaxe: Alerta Terremotos
ESCENARIO
Tódolos días se producen terremotos nalgún lugar do planeta. Por desgracia, no 2009 levamos padecido dous importantes: en Italia e Afganistán. Como poderedes ver cando desenvolvades a tarefa, non todos se converten en catástrofes , así no terremoto de China de maio do 2008 morreron máis de 85000 persoas, mentres que no ocorrido en Xapón en xullo do 2007 o número de vítimas foi moi inferior.
A vosa familia vai trasladarse a un lugar con un historial sísmico e características xeolóxicas que o fan especialmente vulnerable a un terremoto de magnitude similar aos que citamos. Por este motivo, vos ides a converter por 50 minutos en sismólogos e sismólogas que estudaredes algún dos terremotos máis recente.
As conclusións que extraiades do estudo vos servirán para entender mellor estes fenómenos naturais e elaborar un manual de urxencia ante terremotos para os vosos familiares.
TAREFA
Tomando como fonte de información ás catro páxinas que citamos ao final da miniquest e por parellas, deberedes responder a estas preguntas:
- Que converte a un terremoto nunha catástrofe?
- Cantos terremotos tiveron lugar a semana pasada en Europa?, e en Asia?, comentade a súa intensidade e tentade argumentar os resultados da vosa pescuda a partir de datos históricos sobre sismos.
- Analizade os datos dos terremotos de Italia e Afganistán ocorridos o 6 e o 14 do mes de abril deste ano: Describide o epicentro, a súa magnitude na escala Ritcher a orixe do terremoto, e a situación respecto as placas tectónicas e as características xeolóxicas destes dous países.
- Comparade o número de vítimas e danos materiais: que reflexións acerca do perigo destes dous sismos podedes extraer?, en que vos baseades? Relacionalo coa intensidade na escala de Mercalli que se lles asignou.
- Na península Ibérica: Onde e máis probable que ocorran estes fenómenos?, Por que?
- Que consellos e información lle indicariades aos vosos familiares antes, durante e despois dun terremoto? e se se tratase dun tsunami?
PRODUTO
Deberedes contestar ás preguntas 1-5 nun documento Word, argumentando ás respostas a partir de táboas de datos comparativos construídas por vos mesmos e elaborar un manual para actuacións fronte a terremotos.
O tempo do que dispoñedes para esta actividade e de dúas sesións na aula multimedia. Para calquera dúbida podedes utilizar o foro do centro onde esta aberta unha conversa sobre este tema.
Enlaces
Curso Virtual sobre terremotos
Páxina sobre terremotos de angelfire
Fontes: BBC Mundo