III Congreso de Autores Climántica

III Congreso de Autores Climántica

imagen

Xa quedan poucos días para que remate o plazo de presentación de traballos dos estudantes para o Congreso de Autores.

Coméntovos dende aquí algunhas ideas que se están desenvolvendo nos centros, dentro de cada unha das categorías :

  1. LITERATURA: Contos, relatos de ficción con formato de noticias, ensaios, poemas, acrósticos, libros de haikus….
  2. MULTIMEDIA:  Vídeos, presentacións relacionadas cos temas de Climaeucambio ou de CCMC sempre baixo o eixo do cambio climático  ( traballos nos blogs, a escasez de auga, pandemias,,,), entrevistas gravadas a mariscadores, avós, etc. Curtos cun breve guón.
  3. EXPRESIÓN ARTÍSTICA: Fotografías ( cunha reseña do autor/a),pósteres científicos, debuxos, cómics, teatro, partituras musicais, cancións …..

Podedes anima-los rapaces voluntariamente a participar ou ben inseri-la actividade dentro do traballo de aula ( desde o noso punto de vista a opción máis acertada didácticamente) de forma que a avaliación dos mesmos se integre na avaliación sumativa e, unha vez revisados envialos.
As bases recóllense neste documento que se presenta con formato póster para que se poida imprimir e poñer nos taboleiros das aulas. Cada traballo que se envíe deberá ir acompañado da ficha de inscripción na que o autor/a ou autores (máximo 3 membros por grupo) describan o que desexan comunicar co traballo. Os traballos remitiranse á seguinte dirección de correo electrónico concursos@climantica.org. O prazo de presentación de traballos vai desde o mes de febreiro ate o 10 de maio do 2009. Todos os traballos teñen que ter a súa ficha de inscrición enviada a concursos concursos@climantica.org  e se o envío se completa por correo ordinario a:

Climántica
Consellería de Medio Ambiente
Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible
San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela

 

Se tedes algumha dúbida, deixádea nos comentarios deste post para que a resposta poda ser útil para toda a comunidade.

Tags: