imagen

Poucas veces nos atopamos na rede con un recurso “feito a medida” como o que hoxe mostramos. Desde a páxina Canarias Mediambiente.com  temos acceso ao material das Conferencias Atlánticas sobre Medio Ambiente.

Presentacións e  vídeos  que podemos incluír nos nosos blogues (citando como é lóxico as fontes de información) como material didáctico para os rapaces e rapazas. Todo un honor: Biodiversidade, Cambio Climático, contaminación… explicadas por persoeiros relevantes do mundo da educación e investigación ambiental.

Por certo, que pasa con eses traballos para o Congreso de Autores?. Espero as vosas respostas porque isto de non ter comentarios non anima nada.

Unha aperta.

Susana

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.