Cambiar o clima para frear o Cambio Climático?

imagen

Esta é a idea que subxace no artigo publicado o mércores pasado en La Voz de Galicia. A idea de utilizar a xeoenxeñería para interferir no clima pode parecer de Ciencia Ficción ou propia dun capítulo dos  Simpson en Futurama pero, aínda que novidosa, ten moitos detractores.

John Holdren,  é o  principal asesor científico do presidente estadounidense Barack Obama. Este recoñecido  físico  afirma nesta entrevista  que, no caso do desxeo da Antártida, as consecuencias serían tan catastróficas  para o planeta que habería que tomar medidas drásticas como  arrefriar o   aire lanzando partículas á atmosfera que reflectiran parte da radiación  solar.

Tanto a entrevista como o artigo de prensa   poden ser útiles para tratar nas bitácoras  temas como o albedo, debater as posibles solucións nos foros  de CCMC  ou discutir a rigorosidade de este tipo de afirmacións.

Vós que opinades?

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta