PowerUp The Game

O  planeta Helios, ten que  afrontar un importante problema ecolóxico utilizando  tres fontes de enerxías renovables: solar, eólica e hidráulica. O noso labor é axudalos a afrontar este problema e, de paso, aprender conceptos básicos sobre enxeñería e conservación de enerxía para poder construír paneis solares, muíños eólicos e reparar presas.

Este o reto que nos propoñen desde a páxina PowerThe Game un xogo gratuíto en liña desenvolvido pola  multinacional IBM.
Un bo reto para estas datas nas que finalizan as avaliacións.

Aproveitade para que os rapaces vaian preparando os traballos para o congreso de autores (o prazo remata o 10 de maio).


Esta entrada foi publicada en Enerxía, Lecer e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta