PhotoPeach: Outra ferramenta para o Congreso de Autores
Entramos en Photopeach, nos rexistramos en “Sign Up” e entramos no editor. Só temos que seleccionar as imaxes , subilas desde o ordenador ou desde Flickr, ou Picasa e engadir a orde que desexamos. Eliximos un tema musical, dos que ofrecen en PhotoPeach ou obténdoo directamente desde YouTube.
Podemos engadir un texto nas imaxes que desexemos e seleccionar os efectos de transición. Copiamos o código e a gozar dos traballos dos rapaces desde o blogue.
Aquí vos deixamos un exemplo:

Unha boa idea para os traballos que se presenten no Congreso de Autores de Climántica.
Tedes moitos traballos seleccionados?