Catastrofismo e negacionismo: dúas barreiras fronte a sostibilidade

Este é o título do boletín número 34 da Década da Educación para a Sostibilidade proxecto da ONU do que xa temos falado noutras ocasións.

imagen

Un documento imprescindible para crear un debate nos foros de Climántica. O artigo pódenos servir para debater a falsa neutralidade do que se emite como “verdade científica ” nalgúns foros que negan o papel da humanidade na aceleración do  Cambio Climático, para por os estudantes a argumentar, nestes tempos onde a comunicación as veces se remite a frases de non máis de cinco palabras, ou para rematar o tema  que nos ocupa coa celebración de un debate onde os rapaces e rapazas adopten diferentes roles.

Xa nos contaredes as experiencias, por certo: para cando eses avisos para publicar os mellores post dos voso blogues?. Estamos á espera.

Imaxe: Fírgoa

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, CCMC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta