Traducindo gráficas

Unha das competencias básicas a desenvolver en CCMC é a matemática  relacionada directamente cun dos obxectivos xerais de área : a interpretación de gráficas.

Os informes do IPCC do 2007 son unha fonte inesgotábel de gráficos que podemos colgar nos blogs para desenvolver actividades como as que nos propoñen  a maioría dos libros de texto  e dos recursos que utilizamos na unidade de Cambio Climático.

A vantaxe de facer este tipo de actividades en rede e que os estudantes poden desenvolver un traballo colaborativo e “aprender dos seus iguais” sobre os datos que confirman a existencia dun Cambio Climático.

Temperaturas medias:

Temperaturas medias

 

 Aumento do nivel do mar

imagen

Para que esteamos un pouco máis en contacto deixámosvos aquí un par de gráficas e animámosvos a que nos remitades a as actividades didácticas propostas nos vosos blogues .

Quen da o pistoletazo de saída?

Fonte: IPCC

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta