Invasores

imagen

Mosquito tigre (’Aedes albopictus’),  cangrexo vermello ou americano (’Procambarus clarkii’), mexilón cebra….. máis de 11000 especies exóticas invaden Europa segundo un estudio  dun equipo internacional no que participou o   Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dentro do proxecto europeo DAISIE (Delivering Alien Invasive Species Inventories for Europe).

A noticia foi publicada no suplemento de Ciencia do Xornal El Mundo do 25 de febreiro e deixa para o noso país a friolera de máis de 1400 especies invasoras.

Unha idea para aproveitar o impacto desta nova, pode ser  que os rapaces comenten con seus avós e avoas que especies da flora ou da fauna atopan agora nas estradas, nos ríos, nos embalses… que antes npon se veían e falen delas nos blogs.

Seguro que lles sorprenderá o elevado número de invasores nas súas  bisabarras.

Tags: