Día Mundial da Auga

imagen

Hoxe se celebra o Día Mundial da Auga, un  bo día para reflexionar sobre  os máis de 31 países  no mundo con graves problemas de escasez de auga  e  a inmensa cantidade de persoas (máis de 1.000 millóns)  que non dispoñen de auga para beber., feitos que quedaron patentes no Foro  Mundial do Auga que hoxe rematou en Estambul.

O lema de este ano fai referencia á cooperación internacional fronte  aos recursos hídricos transfronteirizos, recursos suficientes pero desigualmente repartidos, situación que se ve agravada polos efectos do Cambio Climático  .

Un evento que podemos aproveitar para conxugar as unidades didácticas de Cambio Climático e Auga do currículum de CCMC.

Como recursos, ademáis dos informes do IPCC sobre Cambio Climático e auga vos deixamos:  o cartel oficial,  unha galería de imaxes e a  páxina oficial , ademáis dunha visita obligada ao temático de Auga.

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Día Mundial da Auga

  1. mnbelen di:

    pois está ben saber que se celebrou o días da auga,eu non me enterara. o post informoume de moitas cousas que non sabía.
    onde eu vivo non sinto a escasez de auga pero intentarei aforrala

  2. mnvanesa di:

    Esto está moi ben ainda que nos(en Padrón) non temos problema de auga pero que non debemos desperdiciala por que hai xente que non ten a amisma suerte ca nós.

Deixa unha resposta