Curso para os docentes de Educación Primaria

imagen

A comunidade virtual de blogfesor@s de Climántica abre as  portas á Comunidade de docentes de Primaria, etapa na que é fundamental a adquisición das competencia dixital e de tratamento da información.

O curso “Aprendendo coas Escolas Climántica” terá lugar na Facultade de Física no campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela os  días 18 e 25 de abril, 9, 16 e 23 de maio de 2009 das 10:00 ás 14:00 horas, e  rematará coa posta en común o 6 de xuño de 2009, sábado, das 09:30 ás 14:30 horas.

A finalidade deste curso é prácticar as metodoloxías para a introdución do proxecto Climántica en primaria, o cal consta de 30 horas. A inscripción pode facerse a través do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado http://www.edu.xunta.es/fprof ata o 27 de marzo de 2009.

Desde o blogue guía animámosvos a que “pasedes” a noticia aos compañeiros e compañeiras  dos voso centros enviándolles un correo cun link a este post ou ben dirixíndoos á páxina central do proxecto http://www.climantica.org/

Estamos desexando contar coa participación, coa imaxinación, rigor e innovación didáctica ao que están habituados a traballar os compañeiros e compañeiras de Primaria.

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta