Publicita-los blogs

obamasays.jpg

Nos encontros de Cuntis e de Santiago quedou patente a calidade das vosas bitácoras. Aproveitando estes días de ponte: por que non animar aos rapaces e as rapazas (e vós mesmos) a dar a coñecer os blogues fora da Comunidade Climántica?

As estratexias son moitas.

  1. A máis efectiva e reconfortante: Deixar comentarios noutros blogues que visitemos frecuentemente, para compartir recursos e actividades.
  2. Animar aos estudantes a que corran a voz e a dirección dos blogues no Tuenti no Facebook ou no máis recente Twitter para  compartir os seus post.
  3. Dá de alta aos blogues en buscadores  e directorios de blogues. Por exemplo: Technorati, Daypop, Feedster, Bloglines, Syndic8, bitacoras.net (en español), bitacoras.com (en español) ou en DMOZ.
  4.  Participade  nalgún ‘meme‘ de Internet: una idea transmitida de persoa a persoa coma se fora un virus. Por exemplo  transmitimos o Blogue Guía.
  5.  Enlazade a outros blogues.
  6. Cando escribades un post que  pode interesar a outros ‘bloggers’, enviádelles un email anunciándoo.
  7. Imprimide o cartel do voso blogue e pegalo por onde poidades.
  8. Participade en foros e deixade  a dirección do blogue.
  9. Creade un logo ou unha imaxe divertida da campaña que propomos a semana pasada  e compartila polo messenger

Que outras ideas se vos ocorren?

Xa sabedes,  se podedes axudádenos a difundir o blogue guía, canto máis nos vexan, máis poderemos compartir!

Fonte: Blogginots

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta