Hoxe seguimos na liña de abrir as portas das aulas creando unha nova categoría onde publicaremos os post que nos recomendedes dos vosos alumnos e alumnas.
Unha forma diferente de promocionar os mellores traballos dos blogues, de forma que se publiquen e compartan para toda a comunidade desde o blogue central do proxecto CMC.
Para compartir os traballos non tedes máis que enviar un correo ou ben deixar nos comentarios o link ao post e o nome dos autores. Nos poremos en contacto con vós para anunciarvos a data de publicación.
Para inagurar a categoría empezamos con este espléndido vídeo dos alumnos de Artes do IES Sar de Santiago de Compostela, David Couto Álvarez, Diego Mato Castro, Cristina Gándara Suárez e Irene Álvarez Paderne.
Parabéns polo seu traballo, invitade aos vosos estudantes a que deixen un comentario neste post para que o reciban facilmente os autores e a que visiten o blogue do IES Sar.
Ola Susana, ¿enviaríamos un correo a climántica.org indicándoche o título do post que nos gustaría que se compartira? ¿ou refíreste ao teu correo?.Bicos.
Ola Raquel: Como queirades, ou ben o deixades nun comentario ou no correo. Estou desexando publicar o que me envíes.
Unha aperta