Isuu: Unha revista dixital nos blogs

  Xa saíu a convocatoria dos TerceirosPremios Climántica e o segundo Congreso de Autores Climántica.

Seguro que moitos de vos tedes traballos impresos en papel que podedes colgar nos blogues coa ferramenta que hoxe vos presentamos: Isuu que  nos permite subir arquivos en word, pdf e outros formatos e os converte nunha revista dixital na que podemos pasar páxinas,  utilizar o zoom, etc

Aquí vos deixamos un titorial de isuu feito con isuu que comparten con nós desde o blog mudejarico.

Seguro que tedes moitas ideas para aplicar e, como no caso de Youtube ou Slideshare, podedes dispor de moitas publicacións  realizadas por outras persoas e que podemos integrar nos blogues como este informe enerxético de Greenpace.

Ou un obradoiro de contos  que podedes ver mellor premendo na imaxe.

imagen

Esta entrada foi publicada en Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta