Campaña publicitaria fronte ao Cambio Climático

camiseta Unha boa forma de animar ós estudantes a publicar  nas bitácoras de aula é  utilizando o blogue como plataforma para un concurso  mundial sobre slogans publicitarios fronte ó Cambio Climático.

O concurso debe ir dirixido ós países do continente que emite máis  CO2, que poden coñecer en directo desde o site   “minuto a minuto” de Discovery Chanel, o que dará xogo a que traballen en diferentes idiomas.

Como tarefa  previa podedes executar algunhas das  actividades  que nos recomendan no apartado de publicidade do cnice media para formalos  nas estratexias básicas da linguaxe publicitaria e convocar posteriormente un concurso nos blogues.Os gañadores podedes dalos a coñecer desde o blogue guía, deixándonos nun comentario o post que queredes que dupliquemos e os nomes dos autores.

Os máis “expertos/as”  poden utilizar as distintas aplicacións do Caixón de Ferramentas, como a que usamos para facer a imaxe deste post.

Tags: ,

 

3 Respostas a “Campaña publicitaria fronte ao Cambio Climático”

  1. Ramón Dixo:

    Moi interesante este post, sobre todo polo tema da motivación, intentarei aplicalo para motivalos na publicación dos diferentes post!
    Un saudiño

  2. susana Dixo:

    Ola Ramón:
    Da gusto encontrarvos por aquí
    Un bico

  3. Sandra Pérez Dixo:

    O traballo é moi interesante, pero teño un traballo previo urxente, que é dar a coñecer o noso blog aos meus compañeiros de centro. Xa o fixen en moitas ocasións pero sin sentalos diante do ordenador, a ver se son quen de captar adeptos.
    Tampouco descarto propoñerlle esta actividade aos rapaces en vistas as vacacións de semana santa.
    moitas gracias polos recursos.