Estatísticas: quen, onde, cantos visitan o meu blogue?

imagenO equipo informático de Climántica envíanos este sinxelo e claro manual para poder ver as estadísticas dos nosos blogues. Só temos  que ir a histats.com, rexistrar o blogue segundo os pasos que  nos indican e, unha vez rematado o proceso, consultar as visitas dende o panel de Administración en “Opcións”/Estadísticas (histats.com). Navegando un pouco pola páxina podemos ver de onde nos visitan, un resumo mensual, as tendencias, etc.

O manual non ten perda, pero se tedes algunha dúbida consultádea nos comentarios deste post.

Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Estatísticas: quen, onde, cantos visitan o meu blogue?

  1. Susana di:

    Ola Ramón:
    Penso que esto ten pasado moitas veces na historia da ciencia, o outro día dábame a risa cando nos falaban do rigor e neutralidade da ciencia porque nada máis lonxe da realidade: desde negar a circulación do sangue, a inferioridade neuronal da muller , non citar a Rosalynd Franklin na descuberta do ADN, … eu aos meus alumnos lles digo que tamén hai “seudocientíficos” que apoian o creacionismo, políticos e incluso algún que outro científico de renombre, pero bueno, como comentaba o profe do IES Chan Piñeiro, ter unha voz discordante nos blogues e bó para poder debatir ¿ E si creamos un foro común sobre dúas declaracións confrontadas? Os meus están facendo agora un traballo sobre <cambio Climático no blog
    Unha aperta

  2. M.J. Suárez di:

    Ola Susana, ya seguín os pasos e xa instalei o contador. Pareceme moi interesante que se poidan ver as visitas xa que ainda que non deixemos comentarios saber que nos visitan é moi gratificante(e asi sabemos que non estamos soíñas). Gracias de novo pola túa axuda.

Deixa unha resposta