O sábado 7 invadimos Cuntis

Ver o mapa máis grande

Para este  sábado 7 de Marzo se espera unha invasión de internautas de Climántica no Centro sociocultural e xuvenil José Raido “Patelas” na rúa Xoán Xesus González s/n de Cuntis.

Parece que os invasores concertaron unhas xornadas desde as 10:00h da mañá ata ven pasada a tardiña, na que van compartir o excelente traballo  que están a realizar con outros internautas de menor idade, pero tremendamente activos, en tarefas relacionadas coa concienciación e difusión dos problemas asociados ó Cambio Climático e a Sostibilidade.

Dís que son de  Climántica nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo  e que teñen colapsado unha boa área da rede no que se refire a Educación Ambiental tanto en blogues de aula como en bitácoras temáticas multidisciplinares.

Seguro que está invasión vai a dar moito que falar…..

Xa sabedes premede na pinga azul do mapa de Google Maps  para que nos indique como chegar desde o  noso punto de partida ao destino.

Ata o sábado (quedamos pendentes das vosas presentacións para o día catro).

Apertas.

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.