Webquest: Congreso Científico

imagen

Fernando Ojea, o coordinador e autor do blogue Ecourban  (link imprescindíbel nos blogues de CCMC) comparte con nós esta excelente Webquest na que os alumnos e alumnas  de 1º de Bacharelato se somerxerán no método científico a través dunha pequena investigación na rede na que se presentan a un congreso para o avance da Ciencia e do medio Ambiente.

Trátase dun proxecto de Investigación dirixida onde deben realizar un póster científico, unha comunicación  e unha presentación que ademais deben comunicar oralmente.

Aproveitando que está aberto o prazo para a presentación de traballos na Segunda Edición de Autores Climántica:

Por que non adaptar as tarefas da webquest aos traballos que van presentar os nosos estudantes?

De paso, podemos visitar o blog Ecourban para dar a coñecer os vosos blogues e agradecerlle a Fernando a súa xenerosidade.

Esta entrada foi publicada en Didáctica, Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta