Aclarando dúbidas

imagenOla de novo a tod@s: traslado ao Blogue  Guía algunha das dúbidas que ides comentando persoalmente e que se vos contestaron por correo respecto á xornada do 7 de marzo:

  1. A idea da presentación en cinco diapositivas xorde como necesidade dun soporte visual para as presentacións orais e a escaseza de tempo, pero só é orientativa, tal como se vos dicía no post. De tódolos xeitos e para que podamos compartir tódalas experiencias non debe  estenderse máis de 5-7 minutos.
  2. É importante que teñamos as presentacións nas datas sinaladas para evitar problemas técnicos de última hora, convén neste sentido, que aínda que usemos os vínculos para ensinar os post,  incluamos algunha captura de pantalla na presentación (xa sabedes o que pasa coa rede).
  3. Respecto a memoria debe cubrirse a partir do modelo que se vos entregou no último día de curso e ao que podedes acceder desde este post publicado a semana pasada.
  4. Para reservar prazas no balneario, contactade con climantica@climantica.org
  5. As presentacións podedes envialas a susana@climantica.org  con copia a climantica@climantica .org

Xa sabedes que para calquera dúbida os esperamos no correo ou nos comentarios deste post.

Por que non vos animades a deixar algún comentario no foro ou aquí mesmo para compartir con nós o que estades facendo?

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta