Caza de tesoro:A túa comarca: Unha visión de futuro

 Hoxe vos deixamos unha actividade didáctica que pode servir como exemplo da que tedes que presentar para o 4 de marzo. Estamos desexando velas!!!

Introdución
Hoxe ímos plantearvos unha pequena investigación cos xornais e coa información que atopedes na rede:

Como era a paisaxe da túa comarca antes de que nacésedes?
E antes de que nacesen os teus pais ou os teus avós?

Empezamos a traballar!!!

Tarefa

imagenComparade as imaxes antigas coas imaxes actuais e respondede ás preguntas:
Que aspectos credes que melloraron?
Cales empeoraron? Por que?
Hai paisaxes que desapareceron?
Atrevédesvos a describir a vosa comarca no futuro?

Creedes que se está a realizar un desenvolvemento sostible? En que vos basades para afirmalo ou negalo?

Proceso

imagenPara realizar esta tarefa deberedes buscar na hemeroteca do instituto ou na rede algunhas fotos antigas da túa comarca ou cidade, darllas ao voso/a profesor/a para que a escanee e colgalas no blog.
Tamén podedes atopar imaxes da comarca nos álbums de fotos das vosas casas  ou nos arquivos do concello.
Traballaredes en grupos de cinco , de forma que cada compoñente do equipo realice as seguintes tarefas:

imagenReporteiro/a gráfico: Almacenará as imaxes recolleitas e construirá un mural  ordeándoas cronoloxicamente.

imagenInformático/a: Encargarase de realizar unha presentación en Power Point coas imaxes escaneadas e as  subira ao blog.

imagenXornalista: Realizará unha crónica sobre a paisaxe da comarca.
imagenInvestigador/a: Buscará na hemeroteca e en Internet datos relevantes sobre cada unha das épocas que aparecen nas fotos e construirá un mural paralelo ao de imaxes. Pode aconsellarse en Urbanismo no seu concello.

imagenComunicador/a: Encargarase de colgar polo menos tres post no blog onde resuma as opinións do seu grupo sobre como será a paisaxe da comarca no futuro. Animará aos seus compañeiros e compañeiras a que entren no videoxogo CLMTK para diseñar xogando a súa futura comarca.

Avaliación
Coñecer cómo vos van evaluar axudaravos a facer mellor o voso traballo, así que podedes  animar ao voso profesor ou profesora a utilizar unha rúbrica de avaliación similar a esta.

Recursos

Urbanismo sostible

Tipos de paisaxe

Seis pasos para lograr unha comunicación fantástica de Eduteka

Curso de Power Point Aula Clic

Tags: ,