Remata o módulo non presencial do curso Climántica na materia para o mundo contemporáneo desde a sostibilidade e as TIC

Estimados/as compañeiros/as:
Como xa sabedes  estamos a piques de rematar o  módulo non presencial do curso universitario de formación continua do profesorado “Climántica na materia das Ciencias para o mundo contemporáneo desde a sostibilidade e as TIC”.
Para afianzar a comunidade de blogfesores e blogfesoras de Climántica realizaremos unha posta en común dos proxectos didácticos que estamos desenvolvendo nos edublogues, como parte non presencial do curso, tanto os blogues de aula como nos temáticos de CCMC e Climaeucambio.

imagenCon este obxectivo, nos reuniremos o  sábado 7 de marzo no auditorio do Concello de Cuntis ( pinchade na imaxe para ver como chegar).

Pola mañá, a partir das 10:00  terán lugar as exposicións orais  das memorias que podedes acompañar cunha presentación curta de cinco minutos de duración.
A presentación podedes enviala, antes do 4 de marzo, ao correo climantica@climantica.org e non debe exceder as cinco diapositivas.
No guión de prácticas que se  entregou o último día do curso presencial, indicamos como debe ser o contido da memoria (podedes descargalo aquí) e  como suxestión para a presentación  deixámosvos algunhas ideas:
1.    Descrición xeral do blogue e as súas categorías.
2.    Análise de algún post do profesorado
3.    Análise de algúns  post dos e das estudantes
4.    Análise dunha discusión  no foro
5.    No caso dos temáticos, analizar tres experiencias didácticas das propostas nas vosas páxinas.
6.    Valoración global da experiencia e perspectivas de futuro.
Para coñecer a fondo o excelente traballo que estades a desenvolver animámosvos a presentar, voluntariamente, unha comunicación para a Biblioteca de Climántica, no apartado de Publicacións de Educadores,  apartado onde publicaremos sempre todas aquelas experiencias que queirades publicar en relación ás temáticas do proxecto..
Despois de compartir as experiencias,  haberá unha comida social por conta da organización e a xornada rematará cunha  mesa redonda, as 17:00 constituída por:
– José Rivas: Nanotecnoloxía para o cambio climático.
– Angel Carracedo: Xenómica para o cambio climático.
– Francisco Anguita: Xeoloxía contemporánea para o cambio climático.
– Emilio Marañón: Oceanografía contemporánea para o cambio climático
– Jacobo Feijó: Agronomía contemporánea para o cambio climático
Se queredes aproveitar a estancia para beneficiarvos das augas termais, no balneario de Cuntis fannos unha oferta especial, a elixir entre  estas tres propostas:

PROPOSTA 1
– Entrada.-  Venres 6 de marzo de 2009  / Saída.- Sábado 7 de marzo de 2009
– Réxime.- Aloxamento en habitacións dobres  e media pensión (cena + almorzo)
– Prezo.- 55 € por persoa (I.V.E. incluído)

PROPOSTA 2
– Entrada.-  Sábado 7 de marzo de 2009/     Saída.- Domingo 8 de marzo de 2009
– Réxime.- Aloxamento en habitacións dobres, media pensión (cea +almorzo) e acceso libre ao espazo lúdico termal “Acquaform”
– Prezo.- 65 € por persoa (I.V.E. incluído)

PROPOSTA 3
– Entrada.-  Venres 6 de marzo de 200/    Saída.- Domingo 8 de marzo de 2009
– Réxime.- Aloxamento en  habitacións dobres, pensión completa e acceso libre ó espacio lúdico termal “Acquaform”
– Prezo.- 140 € por persoa (I.V.E. incluído).

A oferta esta limitada a 20 prazas  en 10 habitacións dobres que podedes reservar  climantica@climantica.org dende o 20 de febreiro  ao 4 de marzo. Os criterios de asignación son:
1) Traballar e residir a máis de 50 km
2) Estar dispostos a compartir habitación
3) Orde de recepción de solicitudes.
Para calquera dúbida ou aclaración contactade con nós en susana@climantica.org ou climantica@climantica.org
Tamén podedes deixar un comentario no blogue guía, http://ccmc.climantica.org/
Unha aperta e ata o sábado 7 de marzo.

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Remata o módulo non presencial do curso Climántica na materia para o mundo contemporáneo desde a sostibilidade e as TIC

  1. Belinda di:

    Ola! eu teño un blogue temático. O da exposición teñoo claro. O que non sei moi ben é como vai o da memoria nen que prazo temos para presentala.

  2. Susana di:

    Ola Belinda:
    No caso dos temáticos vos propomos o mesmo que para os de aula pero cambiando os post de alumnos e profes por a lo menos tres dos post que publicáchedes incluindo algunha actividade didáctica.
    Unha aperta

Deixa unha resposta