Genpets ou porqué é importante coñece- la biotecnoloxía

imagenFai algún tempo, o artista Adán Brandej, conseguiu “enganar” a centos de persoas a partir dunha web onde, supostamente, ofrecíanse criaturas vivas hibernando, xeneticamente creadas para ser compradas como mascotas.

O comprador podía elixir a súa cor, a personalidade e darlles de comer  mascotas mediante unha sonda.

Tanto a web como as mascotas son unha farsa.  Aínda máis, o  obxectivo desta exhibición é fomentar a discusión aberta sobre os  posibles beneficios ou prexuízos da bio-enxeñería , pero, o curioso, son as diferentes reaccións ás que deu lugar na prensa e en certos colectivos sociais.

Podedes utilizar a noticia para crear debate nos blogues de aula. Seguro que o tema das genpets vai sacar a relucir outros timos científicos e é unha boa ocasión para reflexionar sobre a necesidade do coñecemento científico no mundo actual.

Como murmuración: deixádenos as ideas que vos conten nos comentarios deste post os vosos alumnos  ou animádeos a que nos visiten.

Esta entrada foi publicada en Sabías que? e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

9 Responses to Genpets ou porqué é importante coñece- la biotecnoloxía

  1. mnjose di:

    e moi boa idea porque podes ter 1 como mascota;

    nn tiña nin idea de que existia ese vicho pero ajora xa tou mais tranquilo porque sei que non existe

  2. mnjennifer di:

    Pois a verdade e que me parece unha noticia moi interesante ou máis ben chamativa.E habería moita xente en comprar un genpet pero a min non me gustaría como mascota.

  3. mnvanesa di:

    A min gustoume a idea e é moi interesante e eu se non foran tan caros ao mellor tería algún ainda que dan 1 pouco de medo.

  4. mnyolanda di:

    Bueno pareceme unha boa forma de chamar a atencion
    sobre eso da biotecnoloxia.
    porque a verdade creando mentiras como estas e a unica
    forma de que se fixen nas cousas.É esaxerado que poidan crear un monigote destes dan un pouco de repelus.

  5. mnbelen di:

    chamoume moito a intencion esta noticia
    que nin sabía pero non me gustou nada a idea dos genpets

  6. daniela di:

    Estuve en la página web y pude ver que explica en que consisten las gen pets. En mi opinión esto que, supuestamente simplemente era elegri las características de tu mascota, puede acabar en algo más trascendente si no se regula. Ya que ahora que se sabe qué genes se encargan de que tengamso ojos azules o verdes, pelo rubio o pelirrojo,… muchas clínicas jugarán con eso a cambio de dinero. Y probablemente sólo sea un factor más que ayude a la desigualdad en el mundo.

  7. silcri di:

    é mOi boa idea porque grazas a eso podes ter eso como mascota.

    Cristina 🙂

  8. al.albinha di:

    É MOI BOA A IDEA!
    UN SAÚDO!

Deixa unha resposta