Descifrar a vida: ADN e a súa replicación

imagenPara tratar o tema dos  transxénicos e dos efectos da xenómica no mundo contemporáneio,  necesitamos coñecer a molécula do ADN, a súa función e entender cómo se replica.

A rede dispón de moitos recursos como as  excelentes animacións  que nos ofrece o   especial de El Mundo, ou  este outro do portal Educamadrid. Pero como a ciencia non só se ve senon que se fai,  desde o Laboratorio Virtual de Ibercaja temos acceso a tres actividades moi ben definidas sobre esta molécula e, na páxina Learn Genetics en castelán da Universidade de Utah, móstrannos como extraer ADN con materiais de uso común, transcribir e traducir un xene desde o teclado, ou construír unha molécula de ADN do mesmo xeito.

Para utilizar a perspectiva histórica como forma de entender o desenvolvemento da Ciencia, desde Bioxeo temos acceso ao artigo orixinal de Watson e Crick en galego  e a distintos modelos de ADN.

Todos eles recursos necesarios para que os nosos alumnos e alumnas entendan mellor a estupenda  charla de Carracedo.

” Como pode influir a xenómica no mundo contemporáneo”, que podedes enlazar nos  blogues de aula.

Se sabedes de algún sitio interesante para este tema, animádevos a compartilo con nós nos comentarios.

Esta entrada foi publicada en Xenética e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta