Feliz cumpleanos, Mr. Darwin

imagenCando nos somerxemos en problemáticas sociais como o racismo, a falta de educación científica faise patente, así, saber que non existen razas humanas ou que procedemos de un antepasado común está moi lonxe destas condutas intolerables e debería ser a base de moitos dos programas para traballar a interculturalidade.

Nonpedimos cinco minutos de silencio como propón a viñeta, senon  que os rapaces e rapazas enchan as bitácoras con noticias sobre Darwin a súa obra e a teoría da evolución.

A ciencia tamén forma en valores e hoxe nos dan unha gran oportunidade de facelo patente.

As actividades son múltiples: falar da súa vida, resucitar a un animal extinguido nos blogues, crear un conto colectivo sobre a evolución e o cambio climático, abrir un debate sobre clonación, biodiversidade e evolución, reflexionar sobre o método científico…

Como recursos complementarios ós da semana pasada, deixámosvos a páxina de El Mundo adicada a Darwin, o site en inglés de Darwin e a divertida actividade que nos propoñen en Microsiervos para “desenvolucionar”.

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

One Response to Feliz cumpleanos, Mr. Darwin

  1. laxdasa di:

    Darwin!!

    Que “mala” vida tivo e que grande foi.
    Se non fose por él seguiríamos crendo nas teorías fixistas que non nos farían evolucionar nada.
    A él debémoslle moitas cousas como por exemplo o grande descubrimento sobre a evolución humana e se non tivera ese gran problema que tivo sería ainda un ser máis fabuloso
    o gran pl¡roblema: o descoñecemento da xenética

    por: sandra glez fdez

Deixa unha resposta