Xenética e cine

 Na maioría dos centros estamos rematando o bloque temático “Vivir máis, vivir mellor”, con unha aproximación á xenética, un tema sobre o que podemos xerar distintos debates nos foros de aula.

A  semana pasada propoñíamos un debate común sobre  biodiversidade e evolución, aproveitando o 200 aniversario do nacemento de Darwin. Esta semana vos propomos un achegamento á xenética dende ás emocións  e nada mellor para conseguilo que  levando a gran pantalla aos nosos blogues.

Aquí vos deixamos algunhas suxestións:

A) Para os que andamos escasos de tempo, desde Aula de cine nos ofrecen esta guía didáctica  sobre a  película Gattaca unha excelente película sobre a manipulación xenética.

B) Para os que desexedes contribuír a facilitar a incorporación do cine nas aulas a  través dos blogues de Climántica:

  1. “La fuga de Logan” ,Michael Anderson, USA-1976. A rebeldía fronte a un destino xenético imposto.
  2. “Los niños del Brasil”, Franklin J. Schaffner , USA-1978. Un clásico da literatura de ciencia-ficción  e clonación de Ira Levin .
  3. “Un mundo feliz”, Leslie Libman, 1998, USA. Baseada na novela de Aldous Huxley, onde ademais de manipulación xenética podemos tratar diferentes relacións CTS.
  4. “Blade Runner”, Ridley Scott, USA-1982 WARNER HOME VIDEO. Os  famosos replicantes  da novela de Philip K. Dick  “¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?“.
  5. “Parque Jurásico”, USA-1993 e “El mundo perdido”, USA-1995 (ambas de Steven Spielberg) CIC.  Unha forma, non tan rigorosa, pero divertida, de achegarse á clonación.
  6. Documentais sobre transxénicos como “El Mundo según Monsanto”, un ataque ó centro de flotación da maior empresa de millo transxénico, da directora Marie-Monique Robin.


A lista é  interminable e, de seguro,  que a podedes  ampliar nos comentarios.

Que outros filmes nos recomendades?

Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais, Vivir máis, vivir mellor e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta