Videoxogo CLMTK

Imaxinades un xogo onde os rapaces constrúan a súa propia cidade engadindo recursos, poboacións e todo o necesario para vivir?  Seguro que xa coñecedes algún videoxogo deste tipo,pero o que hoxe vos presentamos leva tamén asociado o custe ecolóxico e as alteracións climáticas que este desenvolvemento trae consigo, así como as formas de minimizalo. 

videojogo-imagem

CLMTK é un videoxogo educativo para a súa utilización nas aulas, dentro do proxecto de educación ambiental Climántica. O xogo simula a creación dunha cidade baixo criterios de sustentabilidade. Dirixido a nenos e nenas de 10 a 12 anos, céntrase en aspectos como o consumo enerxético, o consumo da auga, a xestión dos residuos ou a contaminación. Baseado en datos reais e cun ambiente gráfico atraente, o xogo pretende contribuír á sensibilización cara ao problema da mudanza climática ofrecendo solucións e modelos de acción.

CLMTK foi testado en varias escolas galegas mostrándose a súa función complementaria para o ensino de cuestións relacionadas co medio ambiente. Podedes acceder a el dende o enderezo http://xogo.climantica.org

Estamos en probas, así que vos animamos a deixar suxestións de mellora, as  posibilidades didácticas  que lle vedes e algunha suxestión de uso dentro dos blogues ou das aulas.

Esperamos as vosas novas!


Tags:

 

4 Respostas a “Videoxogo CLMTK”

  1. anarr Dixo:

    una buena forma de que los niños jueguen aprendiendo

  2. anarr Dixo:

    una muy buena forma educativapara los niños

  3. cristina_pombo Dixo:

    me gustou moito o xogo e moi divertido aunque hai alguns que non os entendo moi ben pero en xeral esta moi ben feito

  4. lauraed Dixo:

    Está muy bien el juego y están muy bien explicados.