Unha historia do home con Lego

Desde Ciencia en el XXI nos aportan esta historia do home centrada na Ciencia e na Tecnoloxía.


Interesante para gravar un vídeo na aula sobre Cambio Climático. É doado: dividimos  distintas seccións,  por aulas  en diferentes grupos: guionistas, atelier, iluminación, etc. Podedes acadar máis información na páxina de Media do CNICE.

Cando estea todo preparado gravamos un curto sobre o impacto do cambio Climático con diferentes temáticas en cada sección. Creamos un canal en YouTube e subimos as “óperas primas ” para inserilas no blogue.

A sección gañadora é a que reciba máis comentarios.  Que vos parece?

Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.