Como levar científicos relevantes as aulas de CCMC

imagenÉ simple: entramos na sección de podcast dos Museos Científicos Coruñeses e  eliximos a  conferencia que máis nos interesa.

Moi interesantes as relacionadas coas enfermidades mentais, células nai e Cambio Climático.

Xa nos contaredes as actividades que desenvolvedes con eles, para comezar: por que non escoitalos e enviar un mail solicitando unha entrevista no blogue aos científicos e científicas  que veñen de escoitar?

Por certo, lembrade que A Casa das Ciencias acaba de ser remodelada e hoxe mesmo abre as súas portas cun interesante programa de actividades.

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.