Un canal de TV propio nas bitácoras de CCMC

 WorldTV é unha aplicación interesante para os proxectos de CCMC, onde podemos crear o noso canal de TV en poucos minutos.

O proceso é simple e rápido:imagen

  1. Entramos en World TV.
  2. Prememos en “Crear”.
  3. Dámoslle un nome ao canal, por exemplo: TVCiencia.
  4. Elixides un logo.
  5. Introducimos unha dirección de correo electrónico.
  6. Móstrannos uns exemplos de aplicación e se prememos en “Siguiente” xa temos creado o canal.
  7. Agora só temos que incluír os vídeos que queiramos, tanto seleccionados nun canal como YouTube, creados polos rapaces e rapazas e subidos a YouTube, ou crealos directamente cunha cámara web o co móbil.

Imaxinade: entrevistas, debates televisivos, telexornal científico, mostras de varios vídeos sobre un tema determinado…

Seguro que lles encantará aos alumnos e alumnas. Que vos parece?.

Esta entrada foi publicada en Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Un canal de TV propio nas bitácoras de CCMC

  1. sara.aso.1a di:

    Pois pareceme unha gran idea, asi con un pouco de imaxinación podemos facer algo divertido e a vez aprender cousas novas.

  2. Nuria di:

    Que boa idea..
    Dende Allariz imos intentalo. Será sobre o cambio climático.
    Un saúdo.

  3. M.J. Suárez di:

    A min tamen me parece unha moi boa idea. Imos intentalo.

Deixa unha resposta