Redeir@s de Climántica: os Blogues Temáticos

Das 3 acepcións que recolle o dicionario da RAE para a palabra rede quedámonos con que se poden aplicar directamente ao labor que están realizando os nosos compañeiros e compañeiras dos Blogues Temáticos:

redes.f.

1. Tecido formado por mallas de diversos tamaños e materiais, en especial aquel que se emprega para pesca . aparello.

2. Conxunto de medios ramificados que serven para comunicar, ligar ou distribuír.

3. fig. Conxunto de persoas dunha organización.

A multidisciplinariedade, calidade e frecuencia das publicacións, así como a orientación didáctica que integran nos seus post, converten a esta rede de profesor@s e orientador@s de distintas áreas educativas nun soporte básico para os proxectos na blogosfera educativa de Climántica.

imagen

Imprescindibles os post de Natalia Abelenda (Enerxía) e os de Fabio Salvado (Física). O seu potencial didáctico para o ensino dos procesos físicos relacionados coas enerxías e o Cambio Climático transcende a disciplina de CCMC e as actividades que propón son aplicables a un gran abanico de disciplinas.

Creatividade, innovación, rigorosidade… son algúns dos adxectivos que lle pomos ao blogue de Pilar  Mingote ( Comu- nicación); non vos perdades o deseño, enlaces e categorías desta bitácora.

Multidisciplinariedade e bo facer, desde os blogues de Mar Fuentes e Teresa López (Orientación), Isabel Lago (Medio Mariño) e Paloma Blanco (Saúde), que achegan novas dimensións ao proxecto.

Aplicabilidade, sensibilidade… desde os blogues de Lingua (Carmen Sorribas), Incendios (Mónica Ocampo), Renovables (Belinda Lorenzo) e Auga (María Penalta).

Non nos esquecemos dos dous blogues en francés de Mª Jesús Rodríguez e Mª Antonia López, unha nova vía na internacionalización do proxecto CCMC e estamos pendentes das publicacións dos outros blogues temáticos que, por unha ou outra razón, non puideron actualizar coa frecuencia desexada e aos que esperamos cos brazos abertos.

Grazas a todas e a todos polo voso traballo, unha axuda inestimable para toda a comunidade de blogfesor@s de Climántica.

Desde o Blogue Guía animámosvos a visitalos, agradecerlles publicamente o seu traballo e, de paso, deixarlles algunha suxestión ou petición que seguro nos resolverán.

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Redeir@s de Climántica: os Blogues Temáticos

  1. natalia di:

    Moitas grazas Susana polo recoñecemento.
    Agardo que todos os membros da comunidade Climántica visitedes o Blogue Temático de Enerxías e deixedes nos comentarios as vosas opinións, suxestións e inquietudes.

  2. Susana di:

    Gracias a tí polo teu traballo, dende logo que te visitaremos, é un placer.

Deixa unha resposta