Continuamos a travesía

imagenOs primeiros días do segundo trimestre de curso, son fundamentais para continuar motivando ao alumnado a publicar nos blogues de CCMC. É fácil perder o ímpeto inicial, sobre todo se a frecuencia de publicación diminúe (algo habitual nas vacacións do Nadal) ou se se asocia a publicación a unha tarefa específica ou a unha determinada avaliación.
Ademais, observar dun xeito global o proxecto de curso nos blogues que están desenvolvendo e a interconexión entre os diferentes tópicos de CCMC, axudaralles a conseguir unha visión holística da Ciencia, tanto nas súas formulacións teóricas como nas súas aplicacións.

Neste sentido, a secuenciación das programacións de CCMC facilita a “tarefa de reenganche” pola multidisciplinariedade dos contidos e o Cambio Climático actúa como un nexo de unión entre as diferentes unidades didácticas.

Algunhas bitácoras están terminando o tema da evolución, que poden relacionar coa extinción das especies e a súa relación co clima, ou ben aproveitar a celebración do 150 aniversario do nacemento de Darwin como remate final.

Outros blogues comezaron a tratar as pandemias, tópico no que poden profundar a través da relación directa entre Cambio Climático e algunhas das pragas que actualmente asolan á humanidade como a malaria  e o dengue.

Para facilitarvos a tarefa, en cada un dos hipervínculos do texto deixámosvos recursos útiles para empezar de novo e na  sección de Temáticos dispoñedes de moitas actividades “Listas para usar”.

Temáticos: preparádevos, porque os temas que se van tratar neste trimestre dan moito de si:

Saúde e hábitos saudables,  alimentación e consumo, xenética, células nai, cancro, sida, ECV, catástrofes naturais e a súa relación coa actividade humana, o problema da auga, cambio climático, desenvolvemento sostible… Estaremos pendentes das vosas propostas para aplicalas nos blogues de aula

Grazas por estar aí.

Fontes: A Web dos Animais, OMS, Cambio Climático, Darwin online

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta