O título do post fai referencia a unha excelente iniciativa de TVE e da FECYT que seguramente xa coñecedes e que é interesante engadir como ligazón nos blogues de aula.
En Tres14 tedes acceso directo aos programas emitidos que podedes seleccionar por tema ( pestana programa) ou por seccións ( cine e ciencia, apunta, entrevistas, etc.).
Sin dúbida un sitio para visitar con frecuencia desde os blogues de CCMC. Aproveitade estes días para recopilar recursos.
No video de Hulk no programa de fútbol vese como pode lanzar calquera cousa dando igual o que pese.Para lanzar unha bóla de 7 kg hulk tería que pesar 110 kg,asique se lanza un tanque de 65000 kg tería que pesar 975000 kg e eso é imposible.