“Desexo Climántico”

desexos.jpg O sábado 13 de Decembro, finalizaba a parte presencial do curso de posgrao Climántica para as Ciencias do Mundo Contemporáneo. Durante estes cinco módulos compartimos satisfaccións, inquietudes e emocións, aínda que quizais o máis importante sexa ter establecido uns lazos que nos permiten falar, sen ningún tipo de rubor, dunha comunidade de blogfesores que entendemos esta nova materia como unha oportunidade para crear “cultura científica” entre os nosos estudantes e abrir as portas das nosas aulas á rede baixo o marco do cambio climático e a sustentabilidade.
Gozamos coas charlas maxistrais de Ramón Cid, de Francisco Anguita, Emilio Pedrinacci e Anxo Carracedo, quen, ademais de facernos pasar unhas mañás de sábado moi interesantes e inesquecibles, deixáronnos recursos e actividades para a aula de Ciencias do Mundo Contemporáneo na sección de recursos de Climántica.

As vacacións de Nadal están a piques de empezar e poden ser un bo momento para reflexionar sobre as aplicacións que lle imos a dar a este material nos nosos blogues e optimizar a súa potencialidade didáctica. Poden servirnos como material de gran axuda para a realización de proxectos de aula cos nosos alumnos e alumnas: Animémolos a que os visiten, non só como material de ampliación ou apoio, senón como fundamento de tarefas cooperativas que poden desenvolver no blogue e nas aulas.

Non nos esquezamos de visitar os blogues Temáticos do programa así como os Internacionais, onde podemos seleccionar actividades especialmente deseñadas para os blogues de aula, listas incorporar, así como enlaces e blogroll específicos que nos serán de utilidade para o aula.

A primeira parte finalizou, pero a Comunidade CCMC non acaba máis que de empezar , e como actividade previa ás vacacións propómosvos que  invitedes ós vosos alumnos e alumnas  a visitar outros blogues de CCMC, deixando nos comentarios, a modo de felicitación, un “Desexo Climántico” para o novo ano.

Por certo……Non vos esquezades do Blog Guía!

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

2 Responses to “Desexo Climántico”

  1. lucia cabado di:

    buenas

    solamenteme pasaba por aqui

    solo desearos felices fiestas

    adios

  2. Pilar Mingote di:

    ¡como vamos a olvidar la brújula!
    Gracias,Susana, y felices fiestas con los tuyos.
    ¡salud,libertad e internet!

Deixa unha resposta