Obradoiro de reciclaxe: Unha árbore de nadal de refugallos
Restos de papel das aulas, botellas de auga do comedor escolar ou da cafetería, arames do taller de tecnoloxía…. Un montón de materiais de refugallo que podedes recuperar nas vosas aulas para decorar estes días de Nadal os corredores dos nosos centros.
É fácil: utilizamos o foro para compartir ideas para a campaña do Nadal , buscamos o material e unha vez finalizado colgamos a nosa “Obra de Arte da Reciclaxe” nas páxinas dos nosos blogues.
Para mostra esta divertida árbore de Nadal construído con botellas baleiras e restos da clase de Plástica, que nos envía Ana Ballesteros desde o CPR Santa María do Mar.

Non esquezades deixarnos o enlace as vosas imaxes nos comentarios deste post para que as publiquemos no Blogue Guía.
Unha idea : E se nos animamos a crear unha campaña nos blogues fronte o consumismo destas datas?
Esperamos as vosas suxestións.
Domingo 11 de Xaneiro do 2009 ás 4:23 pm
Esta Estable!!