Como na canción de Luís Eduardo Aute, invitámosvos a integrar os medios audiovisuais nas aulas de CCMC, en como complemento ás unidades didácticas que estades desenvolvendo, ben como eixe vertebrador da asignatura coa sostibilidade ou o cambio climático como referentes.Na rede atopamos páxinas específicas como:
- ASECIC (Asociación Española de Cine e Imagen Científica) onde podemos atopar diferentes vídeos e documentais , así como diversos artigos que nos poden axudar a levar a cabo actividades na aula.
- Aula Creativa, páxina de Enrique Martínez -Salanova con unha excelente colección de películas e suxestións didácticas sobre Cine e Medioambiente
- Recursos e materiais que temos aloxados no Blog Guía de Climaeucambio durante o curso pasado.
- Ciencia Ficción que, moitas veces, a máis ficción que Ciencia como nos mostran os alumnos do CPR Santa María do Mar e que pretenden evitar iniciativas como The Science and Entertainment Exchange.
En definitiva, un recurso potente para os blogues de aula. Só tedes que dar unha volta pola carteleira actual, por Youtube como neste exemplo de actividade ou consultar a guía de películas que temos elaborado para vós.
Por certo, a claqueta podedes creala en: http://www.fodey.com/generators/movie/clapper_board.asp