Zarpamos!
Hoxe remata a primeira parte do curso de posgrao Climántica:Comptencia dixital, ou,o que é o mesmo comezan a funcionar os novos blogues de aula e temáticos da blogosfera Climántica.
Para empezar esta nova travesía, cargamos as vosas bodegas con boas provisións.
Neste post deixabamos algunhas actividades seleccionadas entre as realizadas polos profesores e profesoras máis veteran@s na comunidade de blogues de Climaeucambio :
Facendo documentais sobre animais
Na percura dun asesor ambiental
A igualdade entre homes e mulleres
Construindo un reloxo de sol, paso a paso
Esta selección só é unha pequena mostra. Visitade a sección de blogues desde o Blog Guía e comprobaredes o que dan de sí, didácticamente falando, os blogues de aula no Proxecto Interdisciplinar con Climaeucambio.
E, para remate, poderemos contar en vivo e en directo, coa presencia de Ramón Cabanela, coordinador do blog do CPR Los Sauces que nos contará a súa experiencia de dous cursos na Comunidade Climántica.
¡Gracias Ramón pola túa xenerosidade!