Día Mundial da Infancia

As cifras de mortalidade infantil publicadas por UNICEF  son esperanzadoras: 9,7 millóns anuais, fronte aos 13 de 1990. Aínda que estas cifras son inaceptábeis,  non cabe dúbida da eficacia dos  programas de nutrición, ampliación dos servizos básicos de saúde e  de  saneamento e subministro de auga. Neste senso, esta sensible melloría, non pode verse alterada polas consecuencias para o futuro das nosas intervencións sobre o Medio Ambiente.

imagen

Aproveitando a celebración, dende o Blogue Guía vos invitamos a que levedes ás bibliotecas virtuais dos vosos blogues a publicación “El cambio Climático y la Infancia”  onde se recompilan os comentarios e cartas  procedentes  dos delegados infantís  da  Conferencia Rexional Africana Infantil para o Medioambiente de PNUMA do 2007  e do  World Scout Jamboree de 2007, recollidos no programa  “A Xuventude Opina” da UNICEF. Levádeo ás aulas e animade aos rapaces a que comenten nos blogues as súas impresións, ou se non dispoñedes de tempo, trasladade algunha das opinións a un post ou a un foro e animade aos rapaces a debater sobre o tema.

Esta entrada foi publicada en Ler Con-Ciencia e etiquetada , . Garda o enlace permanente.