Webquest: Revolución Industrial e sostibilidade no mundo contemporáneo.
INTRODUCCIÓN:
Un dos puntos fráxiles que presenta a época contemporánea é a sostibilidade do sistema económico que ten a súa orixe a fins do S XVIII en Gran Bretaña e se estendeu ó resto de Europa ( e do mundo ) nos dous séculos seguintes, o que se denomina Revolución Industrial.
Pero, ¿ a que nos referimos cando falamos de sostibilidade?
A palabra sostibilidade fai referencia ó equilibrio entre os recursos que a natureza nos ofrece e o seu consumo por parte do ser humano.
Pero o home veu en romper este equilibrio, rompendo as dúas condicións imprescindibles para mantelo: esquilma os recursos, xerando residuos que non se aproveitan e que por riba contaminan.
Nos medios de comunicación términos como Cambio Climático, efecto invernadoiro, problemas enerxéticos, residuos etc son tan normais que nos sorprendería abrir un periódico e non atopar algún titular no que aparezan.
Unha alta porcentaxe deses titulares van referidos ós conflictos bélicos, ás crises económicas e sociais… , sempre- xa desde tempos inmemoriais - coa mesma motivación intrínseca: o control dos recursos naturais, xa sexan homes prehistóricos loitando polos mellores territorios de caza ou o home contemporáneo polo petróleo de Oriente Medio.
Como cidadáns do futuro e como persoas comprometidos, invitámosvos a realizar esta webquest onde poderedes profundizar e valorar o cambio que supuxo o proceso de industrialización dos dous últimos séculos no mundo, e a súa relación cos dous aspectos que acabamos de mencionar anteriormente: a sostibilidade do sistema e o cambio climático.
O final desta webquest seredes capaces de argumentar con rigor a resposta a esta pregunta:
¿ Como influiu (e influirá) na actual (e futura) situación refrerente á sotibilidade e cambio climático, o uso e consumo dos recursos enerxéticos por parte do ser humano ?
¿Imos alá?
TAREFA:
” Penso,… logo actúo “ é unha revista dixital que nace coa intención de facer un traballo de divulgación na rede, de moi diversos campos de coñecemento ( ciencia, tecnoloxías, historia, ecoloxía, literatura, mediciña, bioloxía, xeografía,….)e cuxo fin principal é concienciar á poboación na importancia de tomar parte activa fronte ós problemas do mundo actual: pobreza, inxustizas sociais, guerras, cambio climático, ecoloxía,….
Esta publicación ten o compromiso de que a súa tarefa de divulgación e concienciación sexa ecuánime, presente información obxectica e ben documentada, clara e ben fundamentada. Deste xeito as opinións vertidas nas súas reportaxes estarán sustentadas sobre sólidas bases.
Esta revista publica periodicamente números especiais sobre temas concretos. Neste, o tema é o cambio climático e o voso grupo de traballo encargarase dunha das partes deste especial: confeccionar unha reportaxe sobre a influencia do uso e consumo de recursos enerxéticos durante a época contemporánea na sostibilidade do planeta e no cambio climático:
- A enerxia na historia: o uso e consumo de recursos enerxéticos ó longo da historia.
- A revolución industrial
o Influencia no usos e consumo de enerxía.
o Consecuencias medioambientais: o cambio climático.
Formaredes un grupo de traballo de 5, onde cada un ten un rol determinadao:
1.Xornalista coordenador do equipo:
Principais responsabilidades: artellará a búsqueda, recollida e clasificación de información, así como a coordinación do traballo do resto de compoñentes. Encargarase, coa axuda e coñecementos dos expertos, de elaborar un cuestionario co fin de realizar unha entrevista a unha persoa maior, na que se fale do uso e consumo de recursos enerxéticos da época da súa mocidade ( cando tiña 16-17 anos ) e a diferencia coa actualidade. ¿ Podemos apender deles, do xeito de vida que os nosos maiores tiñan ?
2. Experto en ciencias.
Principais responsabilidades: encargado da parte científica no que respecta ó cambio climático e todos os procesos e factores que con el teñen que ver . Por outra parte, supervisará que as informacións de base científica estean ben sustentadas,argumentadas e ben comunicadas.
3. Especialista en historia.
Principais responsabilidades: ofrecerá unha visión claramente histórica sobe o uso e consumo das fontes enerxéticas por parte do home ó longo da súa existencia, así como as súas consecuencias na sostibilidade do sistema.
4. Experto en enerxía.
Principais responsabilidades: xunto co historiador , e coa supervisión do experto en ciencias, buscará información sobre os diversos tipos de fontes de enerxía e o seu uso ó longo da historia.
.
5. Especialista en ecoloxía.
Principais responsabilidades: buscará información,coa colaboración do experto en ciencas, sobre as consecuencias medioambientais do uso e consumo das diversas fontes de enerxía.Como xa se apuntou, a vosa misión e elaborar unha reportaxe conxunta sobre recusos enerxéticos, sostibilidade e cambio climático,
O primeiro que deberedes facer e unha tormenta de ideas para porlle título a este nº especial da revista.
. Esta edición especial constará de 2 partes, que deberedes de publicar nun blogue:
- Na primeira combinaredes texto escrito e toda clase de material visual ( fotografía, pintura, gráficas, mapas,… ). Para isto utilizaredes un programa tipo Word, Open Office Writer ou similar. Será o bloque principal da reportaxe.
- Unha segunda parte na que, e tendo en conta que se trata dun xornal dixital publicado en web, primará o contido audiovisual: presentación en PowerPointOffice, o presentador de diapositivas de OpenOffice, un programa de montaxe de vídeo e fotografías,…. Neste bloque intentaredes presentar todo ou parte da reportaxe dun xeito visual ( e sonoro a poder ser ) e creativo.
PROCESO:
- Dividir a clase en grupos de 5: xornalista, experto en historia, experto en ciencia, experto en fontes de enerxía, experto en ecoloxía
- Cada membro encargarase de traballar a tarefa e as responsabilidades que se asignan, pero sempre debemos facelo de forma coordinada e colaborativa.
- Examinamos os recursos que se vos ofrecen e extraemos a información pertinente.
- Reunimos ó grupo, analizamos a información da que dispoñemos e elaboramos conxuntamente as dúas partes das que consta a reportaxe.
- Publicamos os resultados do blogue.
- Expoñemos os resultados á clase.
AVALIACIÓN.
Ver rúbrica de avaliación: rubrica-de-avaliacion-webquest-1-bach
RECURSOS:
A continuación propoñémosche uns recursos que seguro vos axudarán no proceso de búsqueda de información:
http://www.climantica.org ( weblog do poxecto Climántica sobre cambio climático onde poderedes atopar gran cantidade de información sobre o tema )
Wikipedia: podemos buscar información de calquera tipo sobre o tema ( cambio climatico, efecto invernadoiro, enerxías de orixe fósil, revolucxión industrial, enerxía,….:
http://www.explora.cl/otros/energia/textos.html ( web sobre enerxía: historia, tipos,…)
http://enova.wordpress.com/2008/02/23/breve-historia-de-la-energia/ ( breve historia da enrxía )
http://www.redcientifica.com/doc/doc200210070300.html ( completo estudio sobre o papel da enerxía na historia )
http://www.ua.es/es/estudios/seus/villena/programacion/2006-2007/verano2007/desarrollo_sostenible/apuntes/doc_2_huella_ecologica.pdf ( pegada ecolóxica)
http://es.wikipedia.org/wiki/Huella_ecol%C3%B3gica ( pegada ecolóxica)
http://www.soitu.es/soitu/2008/01/25/medioambiente/1201287462_196248.html ( pegada ecolóxica )
www.colegioatalaya.com/escuchandoanuestrosmayores/abuelos07.doc ( entrevista a avós )
http://www.aulaclic.es/power2007/index.htm ( curso sobre power point )
En Google ou outro buscador, podedes buscar pola vosa conta información. Non vos volvades tolos, porque atoparades moitísima. Cos recursos que vos presentamos é máis que suficiente, pero si queredes atopar algo adicional ( unha gráfica, datos, nha imaxe, un mapa, … ), algúns posibles criterios de búsqueda poderian ser:
- Emisións de CO2
- Consumo de enerxía ó longo da historia
- Reservas enerxéticas
- Fontes de enerxía aproveitadas polo home
- Evolución do consumo enerxético individual
- …
CONCLUSIÓNS.
Estou convencido que unha vez que rematedes o traballo teredes outra visión sobre o cambio climático, o consumo de enerxía e todo aquilo do noso xeito de vida que fai que poñamos en perigo o equilibrio entre consumo e recursos. Seguro que saberedes como actuar… Porque a pelota está no voso tellado
NOTA FINAL. Cada membro do grupo publicará no voso blogue un pequeno texto no que responda a esta sinxela pregunta: ¿Estamos a tempo?
Aquí podedes baixar a webquest en pdf: webquest-rev-ind-e-sostibilidade-no-mundo-contemporaneo
Tags: webquest



