Chegou a hora de “soltar amarras”

Ola de novo a todos e todas:

Agora que xa sodes un expertos blogfesores:  que vos parece adicar a próxima sesión de CCMC para por aos rapaces a publicar?
A secuenciación de actividades pode ser a seguinte:
1 – Creamos unha categoría chamada Redacción ou similar.
2 – Levamos os rapaces a aula multimedia, e lle suxerimos a seguinte actividade:

imagen

2.1 – Observamos a estrutura dun post dos que xa tedes publicado (Título, texto curto, sen faltas, vínculos…)
2.2 – Buscamos información na rede  unha noticia sobre cambio climático que vos chame a atención, mellor se está relacionado co que  esteades a tratar na aula. Só necesitan un vínculo, unha imaxe e un pequeno comentario.
2.3 – Premen na pestana superior do blogue do centro e van ver os titoriais do Blogue Guía, concretamente os pasos: Entrar en administración, escribir un post, editar un vínculo e por unha imaxe. (Se dispoñedes de ordenadores en rede podedes explicalo vos na pantalla.)
2.4 – Animalos a que citen a fonte da imaxe e da noticia: Por exemplo: Fonte: El País e a que revisen as faltas de ortografía e expresión.
2.5 –  Xa son autores climántica!
3 – Se sobra tempo, animádeos a que deixen un comentario nos post dos compañeiros.

Xa nos contaredes a experiencia nos comentarios e pasaremos a visitarnos nesta semana.
Ánimo!

Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta