Estamos preparados para unha catástrofe como a do Prestige?

imagenUn día como hoxe, fai seis anos, naufragaba o petrolero Prestige, causando a maior contaminación do litoral galego da historia.

Como  tódalas  catástrofes, serviu para mellorar a seguridade marítima na nosa costa, e  axudou a aumentar a concienciación social fronte aos desastres ecolóxicos. A escola non quedou atrás e se publicaron e elaboraron centos de actividades didácticas sobre este tema que conmocionou a sociedade tanto polas consecuencias dos vertidos como pola resposta solidaria da poboación.

Desde os blogues de CCMC  non podemos deixar  pasar en alto este aniversario e dende o Blogue Guía vos animamos a que publiquedes algunha actividade sobre este tema ou a que creedes un debate no foro con preguntas como a  que serve de título a este post na que reflexionen sobre o tráfico mariño de mercadoría perigosas, as medidas a tomar….

A  gran repercusión en prensa das consecuencias do vertido danos a oportunidade  de empezar a utilizar a prensa como recurso habitual nos nosos blogues.

Na sección de recursos de Climántica, e baixo o epígrafe “Primeiro Curso de Climántica”,  tedes a vosa disposición unha excelente comunicación de Maria Pilar Jiménez Aleixandre sobre o uso da prensa como recurso nas comunidades de aprendizaxe de Educación Ambiental. Podedes utilizar como material o  que temos seleccionado na páxina principal ou os que nos ofrecen nas páxinas de Bioxeo.

E se queredes afondar un pouco máis, a Webquest Que facer ante unha marea negra? de Ester Blanco e Luís Teira  axudará aos vosos alumnos a tomar conciencia do alcance deste tipo de catástrofes e a desenvolver actitudes de solidariedade.

Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Estamos preparados para unha catástrofe como a do Prestige?

  1. lidia carro di:

    Creo que a catastrofe do prestige foi moi perxudicial para a nosa natureza e para a costa de Galicia como para as aves mariñas.

  2. ruben_santamaria di:

    A miña opinión sobre o prestige é que foi catastrófica, xa que, en xeral perxudicou a todos, a uns máis ca outros, pero a todos.A seguridade marítima debía estar preparada por si acontecese algunhas destas catástrofes e xa non debería deixar navegar estes barcos tan vellos. Espero que desta catástrofe aprendéramos todos.

Deixa unha resposta