A sesión do curso de Climántica nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo do próximo sábado 15 de novembro comenzará 09:30 horas.
Aproveitamos este post-recordatorio para que profundicedes na figura do poñente Francisco Anguita introducíndoos á lectura do libro “Crónicas do Sistema Solar” en Google Books ou a través dunha entrevista na sección de entrevistas a científicos e investigadores do Proxecto Biosfera.
Pero como mellor o podemos coñecer é a través de dous dos seus libros “Biografía de la Tierra” e “Historia de Marte”
Os blogues de aula son un lugar idóneo para aventurar ós nosos rapaces e rapazas na lectura divulgativa da Ciencia.