IES Allariz (Ourense): Os vídeoxogos na aula de CCMC

Tal e como vos comentamos no curso, o Blog Guía vai servir como espello das actividades  realizadas noutros centros, na súa función de  punto de encontro da comunidade de profesores CCMC.
Inauguramos a sección con un interesante post publicado hoxe no blogue do IES Allariz, un bo exemplo do potencial da aplicación dos videoxogos na aula.

Parabéns para os autores!

Spore. ¿Creacionismo ou Evolucionismo?

Fai pouco que acaba de saír o videoxogo Spore, no que un ser unicelular , creado polo propio xogador, evoluciona, relaciónase con outros seres e faise cada vez máis forte e intelixente.

spore

Podemos ver o trailer do xogo dende Youtube:


 

O autor, Will Wright, tamén creador dos Sims , deu unha entrevista á revista Muy interesante, onde nos introduce un pouco no aventura deste videoxogo.

Segundo o autor unifica bioloxía, darwinismo, deseño intelixente, comunidades virtuais e entretemento.

O voso traballo é facer un comentario dentro desta entrada onde indiquedes, de forma razoada:

  • Se Spore é un videoxogo que segue unha verdadeira teoría evolucionista.
  • A teoría sobre a orixe da vida na que se basea.

 

Esta entrada foi publicada en Mesa Redonda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta