Taballando con escalas

O primeiro bloque de CCMC necesita da comprensión das escalas para afacerse á idea de períodos de tempo tan longos como o transcorrido dende a formación do universo, de distancias como as que separan as galaxias ou simplemente da idade da Terra.

Por outra banda, a comprensión das escalas favorece o coñecemento de conceptos directamente relacionados co Cambio Climático que imos tratar como eixo central da temática dos blogues de CCMC (mapas, períodos de tempo, concentracións, etc.) e co tema central da sesión formativa de este sábado  Materias e sostibilidade: Do Cosmos á Nanotecnoloxía que impartirá Ramón Cid.

Este vídeo, que facilmente podería ser unha presentación en Slideshare, sérvenos de mostra para animar aos alumnos a que publiquen algo similar.


Ver vídeo a pantalla completa

A secuencia da experiencia pode estar precedida por un eixo cronolóxico onde indiquen o tempo transcorrido dende  o Big Bang comprimido nun ano e observen a aparición do Homo Sapiens, a idade da Terra nunha escala de un km para observar onde apareceu o home, etc.

En fin, todo un montón de actividades que axudarían a desenvolver a competencia matemática necesaria para comprender que somos unha casualidade nun pequeno recuncho do universo.

Esta entrada foi publicada en Universo e vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta