Comparamos xornais

Imos visitar as páxinas do tempo das edicións dixitais dos principais xornais galegos para comparar a súa información meteorolóxica.
Para desenvolver esta pequena investigación, tanto na edición web como en papel, responderemos ás seguintes preguntas:
- Teñen todos unha sección adicada ao tempo?
- Que diferenzas fundamentais atopas entre elas: número de datos, imaxes explicativas, buscadores, predicións (na edición dixital) ou número de páxinas, elementos gráficos, datos.. (na edición impresa)?
- Elaboramos unha táboa na que indiquemos os datos que aparecen para un mesmo día de: Presión, velocidade do vento, temperaturas máximas e mínimas, precipitacións, dirección do vento e estado no ceo en cada un dos xornais.
- Comparando os datos: a que crees que se debe a uniformidade/ hetreoxeneidade que atopas?
- Agora que xa somos uns expertos no que se refire ó tempo nos xornais, por que non vos animades a crear unha maqueta da sección de meteoroloxía dun xornal?
Tags: mapas metereolóxicos