Operación Dodo

 imagenO Dodo é este paxaro que vedes na imaxe. Na actualidade só quedan dúas cabezas e un par de patas deste animal nalgúns museos europeos. A última referencia de este animal endémico da illa de Madagascar, foi en 1680.

A fisionomía do Dodo permite explicar moitas da clave da Selección Natural   ( alas atrofiadas, patas grosas, etc) e tamén incidir sobre o papel do home na supervivencia das especies.

Na actualidade  dous científicos están a desenvolver a Operación Dodo  para tratar de reconstruír a este animal.

O artigo da revista Muy Interesante fai honor ao seu nome, e pode servirnos como introdución ao tema da evolución e para reflexionar sobre as adaptacións que traerá consigo o Cambio Climático.

Outra idea e animar aos rapaces a publicar nos blogues as imaxes e características de animais extinguidos ou en vías de extinción polo cambio climático (Operación…) ou ben a que imaxinen que cambios pode producir no ser humano a adaptación a diferentes efectos do cambio climático como: maior intensidade de radiación, cambio de temperaturas, desaparición de alimentos habituais, novas enfermidades, etc.

Non dubidedes de mostrarnos no Blogue Guía os seus traballos.

Fonte: Muy Interesante

Esta entrada foi publicada en Sabías que? e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Operación Dodo

  1. laxdial di:

    O dodo tamen coñecido como Raphus Cucullatus e un paxaro coas alas atrofiadas e que está extinto dende o ano 1681. E un animal un tanto peculiar xa que posuía un pico moi groso e un tanto alargado.tratase dunha especie que era descendente dos dinosauros polo tanto era algo unico.

    alvaro juiz
    diego jorge peña

Deixa unha resposta