Onte mostrabamos un vídeo sobre a facilidade de uso e as vantaxes da sindicación e hoxe lanzamos unha idea:
Como sabedes, a rede de blogues educativos de Climántica non para de medrar: comezamos o curso pasado cos blogs do Proxecto Climaeucambio, e continuamos este ano cos que estades a desenvolver en CCM. Ademais contamos coas achegas de sete blogs temáticos (auga, territorio, incendios, enerxías, anfibios, tecnoloxías e renovables) xunto cos blogs centrais dos proxectos: o Blogue Guía Climaeucambio e a bitácora central de CCMC.)
Á vista do vídeo, en cuestión de segundos poderemos sindicar os blogs que máis visitemos para compartir e difundir os recursos e boas prácticas que aparezan nas súas páxinas que, de seguro, nos resultarán de moita utilidade na aula.
Desde aquí iremos presentando cada un dos blogs temáticos e, con toda seguridade, nos blogs de Climaeucambio, atoparades un bo número de recursos para tratar tódolos temas relacionados coa xestión sostible, para engadir información que compartimos desde os blogues guía dos dous proxectos.
Para inaugurar esta nova etapa de consolidación da rede telemática educativa de Climántica invitámosvos a visitar a primeira entrada do blog temático http://tema.auga.climantica.org subministrado por María Penalta, a súa autora. A través dun documental, María mostra a estreita relación do ciclo da auga co cambio climático: problemas de desxeo coa conseguinte subida do nivel e alteración na circulación oceánica e no sistema climático, sen esquecernos de outros relativos ás augas continentes como ás secas, a contaminación e diminución de auga potable…. Un bo sitio para orientarnos nesta temática.
Lembrade que para subscribirvos a calquera dos blogues non tedes máis que facer tres pasos:
- Darvos de alta en Google Reader
- Ir ao blog elixido, premer no vínculo Entradas RSS (na parte inferior da pantalla) e copiar a dirección que vos aparece (por exemplo no caso do Blog Guía en CCMC é http://ccmc.climantica.org/feed/).
- Volver á ventá de Google Reader e en “Añadir subscripción” pegar a URL que copiastes antes.
- Cada vez que se publique algo novo en calquera deses blogs, o veredes na páxina de Google Reader.
ola!!!!
somos Verónica e Carlos!!
somos alumnos de Domingo Pascasio do Instituto Laxeiro de Lalín!!!!
dende o IES Laxeiro felicitar aos creadores desta páxina web!!
un saudo
Carlos
Verónica