Como promover o interese pola cultura científica?

 O título deste post é, nin máis nin menos, o que deberemos facer nas aulas de CCMC.  A tarefa no é doada…. pero a rede nos lanza axudas.

imagen

Desde a  páxina da OEI que apoia  á “Década da Educación para un Futuro Sostible” instituída pola ONU, podemos descargar o libro Como promover o interese pola cultura científica editado en 2005 por UNESCO-OREALC.

O libro responde a unha iniciativa conxunta da Oficina Rexional de Educación da UNESCO para América Latina e o Caribe (OREALC/UNESCO Santiago), dos grupos de investigación en didáctica das ciencias das universidades de Valencia e Alacante, en España, e do IPLAC (Instituto Pedagóxico Latinoamericano e Caribeño, con sede na Habana).

O texto, que podemos  descargar  por capítulos nos nosos ordenadores,   invítannos a participar dos resultados  da investigación en didáctica das ciencias que permiten abordar o serio problema do desinterese dos alumnos polas materias científicas.

Ao longo das catro partes en que está dividido, os autores amósannos  estratexias para aumentar a motivación dos rapaces, suxiren actividades para traballar  sobre temas directamente implicados en CCMC e a reflexionar sobre a visión da ciencia e da actividade científica que lles transmitimos.

Unha boa lectura nun bo momento do curso.

Esta entrada foi publicada en Ler Con-Ciencia e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Como promover o interese pola cultura científica?

  1. curso17 di:

    Moitas grazas Susana, por compartir todos estes materiais con nós. A verdade que o simple feito de materializar un Blogue para as Ciencias para o Mundo Contemporáneo e poñelo a disposición do noso alumnado e de nós mesmos xa é unha grande Motivación para todos e todas….os meus alumnos e alumnas están emocionad@s e xa están participando no debate do Foro….ete é un principio.
    Saúdos

Deixa unha resposta