Climate Time Machine

imagen

Cambios no nivel do mar entre xuño de 1996 e decembro do 2005

Unha das constantes nun traballo científico é a toma e análise de datos, que aparece como un do ítems a avaliar na competencia no medio físico e social.
Seguramente, os  vosos alumnos xa realizaron algunha das actividades que vos propomos  no  libro de Climaeucambio utilizando datos meteorolóxicos, tanto recollidos na prensa como  na estación meteorolóxica dos vosos centros.
Con todo, os datos que realmente nos valen para valorar os efectos do cambio climático son os recollidos ao longo do tempo e nada mellor para que desenvolvan a súa capacidade de análise que os distribuídos  pola Nasa na aplicación flash Climate Time Machine que nos permite estudar as variacións de temperatura, emisións de dióxido de carbono, aumento do nivel do mar e desxeo con só mover un cursor desde a década dos 80 ata a actualidade.

Introducilo como enlace  nos vosos blogs de aula e discutide cos rapaces e razas  a análise dos datos. Como mínimo ocuparavos unha sesión enteira.

Tamén podes velo aquí:

Ou premendo aquí se queres velo nun tamaño maior.


Imaxe: Tecnomaps

Tags:

 

8 Respostas a “Climate Time Machine”

  1. Ramón Dixo:

    Incluíno no noso blogue do colexio e xa baixei cos de 1º da E.S.O. e foi un rotundo éxito, de verdade, incluso discutimos o importante da toma de datos con periodos de tempo longos para ter unha perspectiva máis científica sobre o cambio climático…incluso saiu as declaración do Sr. Aznar…Grazas

  2. Ramón Dixo:

    Mañá tocame cos do 2º da E.S.O., xa vos contarei…

  3. susana Dixo:

    Grazas pola realimentación,as veces, un recurso que nos parece interesante de repente non funciona na aula, e outro que aparece con menos potencial didáctico é un éxito. No caso de Climate Change creo que lle podemos sacar moito rendemento
    Ata pronto

  4. eduardo_campos Dixo:

    Para min que eso non pode seguir asi. Asi que hay que cambiar todo isto porque pode provocar un gran caos

  5. alberto Dixo:

    Solo comentar y felicitar a Ramón por este gran trabajo. Espero en un futuro poder participar más activamente en él. Animo a todos los alumnos a que continueis colaborando con vuestros comentarios. FELICIDADES A TODOS.

  6. anton_vazquez Dixo:

    Creo que isto non pode sguir así porque se deixamos que isto ocurra moitas cidades quedarían por debaixo do nivel do mar é moita xente tería que abandonar a súa cidade natal e as súas casas.
    É isto non pode seguir así porrque como dixo steven hankins sera difícil evitar un desastre climatico en 100 se isto é así noso fúturo eo do nosos fillos sera espantoso
    poriso todos temos que intentar apagar as luces, gastar so a auga necesaría e.t.c e así
    noso fúturo sera moito mellor

  7. josecarlos_soage Dixo:

    Na miña opinión penso que o que está ocorrendo sucede moi rápido debido a que nuns poucos anos o xeo disminuiu practicamente a metade e os gases efecto invernadeiro aumentaron, o que provocará o aumento do nivel do mar, e o aumento da temperatura da superficie terrestre. Espero que isto se solucione o antes posible.

  8. alex_lopez Dixo:

    A rapided con que estes acontecementos estan a pasar e alarmante,se non se fai algo para intentar que esto vaia a menos as consequencias seran terriblemente devastadoras