Webquest: Enerxías alternativas

imagenIntrodución
A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia ven de lanzar  un concurso para implantar no noso territorio instalacións produtoras de calquera tipo de enerxía alternativa, para minimizar ao máximo o consumo de combustible fósil.
Os responsables do Servizo de Enerxías Renovables necesitan un informe científico e técnico que lles axude a decidir que  tipo de enerxía  alternativa ós combustibles fósiles é a  que máis  se adapta as condicións xeográficas e socioeconómicas de Galicia.
O concurso público acaba de empezar e vós, como equipo de traballo pertence ao departamento I +D de  empresas dedicadas  á xestión de enerxías alternativas, teredes que poñervos a traballar….

Tarefa

imagenO traballo que debedes realizar consiste nunha exposición ante  a comisión de técnicos do Servizo de Enerxías Renovables sobre o tipo de centrais de produción de enerxía eléctrica que a vosa empresa xestiona.

Primeiro deberedes organizar o traballo entre os membros do grupo, unha vez repartidas as tarefas aconsellámosvos que elaboredes un guión de de o documento Word que podería ser algo parecido a isto:

  • Cales son os fundamentos dese tipo de  enerxía renovable ?
  • Que vantaxes presentan o seu uso?
  • Que inconvenientes?
  • Utilización dese tipo de enerxías renovables en España e en Galicia
  • A mellor enerxía é a que non se usa:  pautas de aforro enerxético.

A información sobre o tema ha de ser clara, sinxela e entendible por todos e deberedes acompañala de gráficos estadísticos.A comisión estará formado pola profesora  e o resto dos vosos compañeiros e compañeiras.
Acompañaredes a exposición cun soporte informático ( Power Point, Web, Blog, etc).
Podedes consultar outros recursos diferentes aos achegados na Webquest, así como incorporar imaxes, animacións, gráficos, etc, ademais, deberedes consultar libros da biblioteca do colexio e a prensa diaria.
Unha vez finalizado os traballos e expostos en clase, abrirase unha mesa redonda e un debate con todos o grupos participantes.

1º.- A mesa redonda tratará sobre as dificultades atopadas na elaboración dos traballos e como se resolveron .

2º.- Abrirase un debate no foro  sobre as vantaxes e inconvenientes das  enerxías renovables  unha vez expostos os traballos na aula.

Proceso

imagenCada grupo consta de catro persoas e elixirá un tipo de enerxía alternativa. Aínda que dividades en diferentes partes o traballo haberá os seguintes roles en cada equipo :

  1.  Secretario/a : Farase cargo da documentación  recollida, así como da elaboración dos documentos en Word.
  2. Informático/a: Responsable da web, blog ou presentación. Dedicará  unha sesión de clase para explicar as tarefas básicas que levou a cabo ós seus compañeiros e compañeiras.
  3. Portavoz: Preparará o guión da exposición oral e presentará a metade do traballo xunto co secretario.
  4. Deseñador/a gráfico: Encargarase de buscar imaxes e contidos audiovisuais para a presentación así como imaxes aparecidas en prensa xunto cun resumo da noticia onde aparecía.

Recursos

Inega

Sotavento

Libros vivos

Unha breve historia..

Moliner e o   vento

Enlaces seleccionados

Ciencia animada

Manual de Power Point 

Gráficos con Excel

Prensa escrita

Seis pasos para unha presentación fantástica

Avaliación
imagenCada empresa será avaliada polo equipo de técnicos do Servizo de Enerxías Renovables mediante unha ficha de avaliación na que o ou a portavoz reflectirá as opinións acordadas polo seu equipo.

Para valorar o traballo, utilizarei a rúbrica de avaliación que vos entreguei en clase.

Na cualificación final terase en conta as valoracións realizadas polo profesor e polo resto dos compañeiros.

Conclusión

A modo de reflexión, e despois de presentar os traballos e realizar o debate, deberedes deixar nos comentarios un slogan publicitario a favor da enerxía alternativa que valorades como a máis eficiente para resolver o problema enerxético. ( Lembra que se valorará a túa creatividade e rigorosidade!)

Esta entrada foi publicada en Sustentabilidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta