Dende a páxina de José Luis Arsuaga accedemos ao curso multimedia Claves da Evolución Humana, que abarca de forma alcanzable os conceptos básicos, a metodoloxía, os grandes descubrimentos, o seu significado científico e os temas de debate na actualidade sobre esta materia.
Estruturado como un curso dirixido a alumnos de educación secundaria, contén información sobre a formulación, os obxectivos, as lecturas recomendadas, as actividades e os materiais didácticos cos que achegar as nosas aulas a evolución humana, utilizando os bogues de CCMC como soporte. Podemos adaptalas actividades ao ritmo e hetereoxeneidade das nosas clases e utilizalas para diferentes niveis de complexidade.
Algunha proposta de secuenciación?
Estupendo recurso. Viremos ao blogue guía a utilizalo.
parece moi interesante
Dende logo é un recurso moi completo, pero atopo algo complicada a navegación pola páxina.